Nin tan bos, nin tan malos.

Hai algo que sempre me chamou a atención: cando alguén morre, de repente convértese na mellor persoa do mundo. Todo o mundo di que era boa persoa, loitadora, que non merecía o que lle pasou.

E eu entendo que ante a morte nace o respecto, a pena e incluso a necesidade de quedar co mellor de cada un. Pero tamén penso que a morte non cambia o que unha persoa foi en vida.

Vou dicir algo que sei que non ten moi boa prensa e que para moita xente está feo dicilo: descansar, que descanse en paz, non significa esquecer todo o demais. Porque nin todos eran tan bos, nin todos eran tan malos.

Houbo persoas envexosas, avariciosas, persoas que fixeron dano, que se portaron mal ou que deixaron feridas nos demais. E tamén houbo quen tivo cousas boas. Ao final, como todos.

A morte non “branquea” a ninguén. Simplemente pecha unha historia. E cada historia foi o que foi.

Mary F Folgueira.2026