A todos os novos papás que acaban de recibir o regalo máis grande da vida:
Agora comeza unha etapa fermosa, intensa, chea de ilusións, de medos, de cansazo e tamén de momentos que quedarán gravados para sempre no corazón.
Porque ser pais por primeira vez é descubrir un amor que non se parece a ningún outro. É mirar esa pequena vida e sentir que, desde ese instante, todo cambia. Cambian as prioridades, os medos, os soños e mesmo a maneira de mirar o mundo.
Haberá noites sen durmir, preocupacións, dúbidas e días nos que sintades que non sabedes facelo ben. Pero tamén haberá un sorriso que vos iluminará a alma, unha manciña agarrada ao voso dedo, unha mirada que fará que todo mereza a pena.
Non hai pais perfectos, pero si pais que aman de verdade, e iso xa é o máis importante.
Desfrutade de cada instante, porque medran moi rápido. Gardade na memoria cada abrazo, cada choro, cada pequeno avance e cada momento compartido, porque un día botaredes a vista atrás e decatarédesvos de que aqueles días difíciles tamén eran felicidade.
Parabéns por esta nova etapa, por esta aventura marabillosa e por ese pequeno ser que acaba de cambiarvos a vida para sempre.
Mary F Folgueira.2026





