Xoán levaba tres días sen durmir, agardando polo seu novo portátil. O seguimento dicía “en reparto” dende o luns… agora era xoves, e o camión semellaba atrapado nun bucle espazo-temporal.
Cada chamada ao servizo de atención ao cliente era unha aventura: un robot pedíalle “máis paciencia”, unha operadora xuraba que o paquete “ía no camiño”, e outro suxeríulle mirar “debaixo do felpudo”, coma se alí puidese entrar unha caixa de tres quilos.Finalmente, o repartidor apareceu un venres ao amencer, tocando o claxon coma se trouxese a paz mundial.
—¿O señor Xoán Pérez? —preguntou.
—Si, por fin.
—Perfecto, tráiolles a súa… batedora industrial.O portátil chegou dúas semanas despois, coa etiqueta de “entrega urxente”. Xoán recibíuno cun brinde simbólico, usando a batedora. Dende entón, cada vez que compra algo en liña, fai o seguimento por puro deporte.
Mary F Folgueira.2025





