Así foi, sen que faltase nada

Nacín na casa dos meus avós no lugar de O Pacio ( Muimenta) e nunca pensei que iso tivese nada de especial. A casa, para min, sempre estivo chea de xente. Había mans de máis para peitearme, voces dabondo para chamarme para comer, risas que se cruzaban polos corredores sen pedir permiso.

Meus avós estaban sempre. Estaban cando aprendín a andar, cando me caín, cando houbo que explicarme cousas importantes sen usar palabras grandes. Tamén estaban os meus tíos, cada un á súa maneira, ocupando espazos distintos pero necesarios.

E un padriño e unha madriña que sempre estiveron, cos pequenos detalles que se lembran para sempre: o meu primeiro triciclo, as risas compartidas,e os coidados que non se esquecen.

Os curmáns chegaron como chegan as cousas boas: sen aviso e para quedar. Con uns entendíame mellor ca con outros, como pasa sempre. Case todos os máis próximos eran homes por idade; as curmás tiñan máis distancia xeracional , pero o mismo de importancia na miña vida.

Daquela todo aquilo era o normal. Non sabía que había cousas que a xente adoita botar en falta. Eu non tiven que aprender nomes nin facer preguntas. Houbo respostas que cheguei a saber, e algunhas delas, só ti entenderías. Alguén decidiu que a miña infancia fose sinxela. Que o amor chegase repartido, sen ruído, sen explicacións.

E agora sei que esa abundancia tamén foi unha forma de coidarme do que non era necesario.

Mary F Folgueira.2026